22.03.2022.- Chega o Ciclo Mestre Mateo a San Cristovo de Cea.
A programación ofertada está composta polas películas finalistas nos Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego, uns galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano, organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.
O obxectivo principal da iniciativa é achegar o audiovisual galego aos concellos, vilas e centros galegos do exterior aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos premios Mestre Mateo.
Facilitar o acceso da cidadanía a unha programación cultural de calidade con produción galega e favorecer o achegamento á nosa cultura e o noso idioma a través do audiovisual.
Achegamos calendario e horarios na imaxe que segue.
As películas proxectadas serán anunciadas a principio de cada mes, salvo a primeira que mañá anunciaremos.