Cookie Control

Este sitio utiliza cookies para almacenar información en su ordenador.

Algunas cookies en este sitio son esenciales, y el sitio no funcionará como se espera sin ellos. Estas cookies se establecen al momento de enviar un formulario, Entrar o interactuar con el sitio al hacer algo que va más allá de hacer clic en enlaces simples.También utilizamos cookies no esenciales para realizar un seguimiento de forma anónima visitantes o mejorar tu experiencia del sitio. Si no estás contento con esto, no acepte estas cookies, pero algunas características del sitio pueden no estar disponible
(One cookie will be set to store your preference)
(Ticking this sets a cookie to hide this popup if you then hit close. This will not store any personal information)

About this tool

About Cookie Control

Turismo: Pan de Cea

Pan de Cea, producto tradicional, elaborado en forno de leña seguindo un proceso artesanal que transmitiu de xeración en xeración.Panel señalizador de los "Fornos de Pan de Cea"

A historia dinos que ese proceso vense realizando nos fornos de Cea dende o século XIII. En Cea e no seu concello existen multitude de fornos actualmente, 16 de iles pertencen á Indicación Xeográfica Protegida, e elaboran tan preciado produto. Ademais existen antigos fornos, dos cales moitos deles foron restaurados polo Concello de San Cristovo de Cea, nos que ainda a día de hoxe, so con traspasar a súa entrada, poden vir lembranzas de cantas anécdotas alí transcorreron.

Hoxe en día todos os fornos se encontran perfectamente sinalizados e en todas as entradas do noso Concello se pode ver o panel que ven neste artigo.

Tres rutas polos fornos de todo o Concello, recentemente inauguradas, permiten a quen nos visite, gozar da bela natureza do noso entorno asi como da beleza e tradición dos fornos antes mencionados.

1. Ruta CEA: percorrido polo núcleo urbán de Cea, visitando os diferentes fornos de Cea e coa posibilidade de ver algún funcionando na actualidade nos que se elabora o famoso Pan de Cea. 

2. Ruta OSEIRA: percorrido pola entorno do Mosteiro Cisterciense de Santa María A Real de Oseira, punto crave e de partida na historia do Pan de Cea. Gozarán do cenobio cisterciense e dunha paraxe natural sen igual. 

3. Ruta VIÑA: percorrido pola parroquia de Viña, un paseo agradabilísimo con encontro coa etnografía do noso Concello. Visitarán fornos de leña nos que se elaboraba Pan de Cea recentemente restaurados. 

Para máis información sobre o Pan de Cea: www.pandecea.org

 

© As fotos mostradas son propiedade de www.concellodecea.com e queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas

Galego

Webstats4U - Web site estad�sticas gratuito El contador para sitios web particulares