Sauda do Alcalde
Un dos fitos máis importantes ocorridos baixo a miña responsabilidade como Alcalde do Concello de San Cristovo de Cea foi, sen dúbida, o salto ao espazo cibernético mediante a creación da súa páxina web, proxecto que tiñamos en mente desde tempo atrás. Agora é unha realidade á que quero invitarlles e darlles a benvida.
AÃnda que me recoñezo un profano en materia informática éme de obrigado recoñecemento a súa extrema importancia no mundo actual, onde resulta imprescindible.
A era dixital é practicamente tan antiga como a existencia intelixente. Os sumerios no 4000 a. de C. xa idearon un sistema sexagesimal de numeración. En 1642 Blaise Pascal constrúe o seu "Machina Arithmética", para moitos a primeira calculadora mecánica inventada polo home. Desta aos potentes computadores actuais hai un longo treito apaixonante, diverso e ilimitado no seu futuro.
O Concello de San Cristovo de Cea, dada a súa diversidade: arte, historia, sociedade, natureza, adquire un gran atractivo para quen nos visitan tanto fisicamente como a nivel virtual mediante a web, para todos o meu saúdo máis afectuoso. O meu sincero agradecemento, asà mesmo, a quen xestionan a páxina polo seu acerto na forma e contido algo que desexo facer extensivo a todas aquelas persoas que desinteresadamente colaboraron achegando información e datos para este éxito. AquÃ, debidamente actualizadas, poderán seguir as novidades do Concello e o seu ámbito territorial.
Dada a universalidade das canles informáticas desexo que esta pequena achega leve ao mundo enteiro un belisco da nosa terra e a hospitalidade das súas xentes, e sobre todo, aos nosos emigrantes que se atopan lonxe dos seus fogares e as súas familias sÃrvalles para achegarnos mutuamente e transmitirlles o noso agarimo e añoranza.
Dada a imparable eclosión do mundo cibernético puidese que nalgún recóndito lugar as miñas palabras resulten ilexibles, pero o que sen dúbida, todos saberán interpretar é o meu afán de universalidade para Cea e as súas xentes.
A todos os que estas veren, oÃren e entenderen, os meus saúdos máis afectuosos.
José LuÃs Valladares Fernández, Alcalde de Cea