Biblioteca Municipal
San Cristovo de Cea e os pobos das trece parroquias que conforman o municipio teñen á súa disposición unha sala de lectura no Edificio Multiusos, situado na estrada a Oseira, á saída do pobo de Cea. A biblioteca foi recentemente trasladada a este moderno edificio no que o usuario dispón de tódalas comodidades dunha construción moderna e adaptada. Os servizos ofrecidos pola biblioteca compleméntanse co préstamo de libros e con salas habilitadas dispostas para a lectura.
Recentemente foron instalados tres equipos informáticos con conexión a internet para os usuarios (socios) da biblioteca.
Tódolos veciños e veciñas do Concello de San Cristovo de Cea poden facerse socios de forma gratuíta, entregando á persoa encargada, dúas fotografías e unha fotocopia do DNI.
O horario de apertura é o seguinte:
HORARIO DE INVERNO
17:30 a 20:30
HORARIO DE VERÁN
11:00 A 13:00
© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.
Para ampliar as imaxes preme sobre elas.