Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Itinerario 5: Vilaseco, Mandrás, Pereda y Castrelo

Na parroquia de Vilaseco está o sobranceiro Pazo da Pousa, antigamente da Casa de Bouzas e da Marquesa da Atalaia Bermeja (casada con Isidoro de Temes, e donos de importante facenda na cidade de Ourense). De notables dimensións, ten na fachada motivos heráldicos. Posúe capela e pombal cilíndrico na finca. É propiedade da Escudería Ourense. Xunto á estrada hai un cruceiro, preto da igrexa parroquial de San Miguel, obra dos séculos XVIII e XIX. No extremo sur do concello Mandrás, onde a súa igrexa de San Pedro é de estilo Románico, con interesante tímpano historiado. A casa rectoral, e Casa do Prado, con chemineas de cantería, teñen interese. En Pulledo, á beira do camiño, peto de Ánimas con Cristo en relevo na fornacina. No límite está a Ponte Mandrás, con ponte medieval dun arco no Camiño Real de Ourense, sobre o río Barbantiño. Ten inscrición a penas lexible no pretil, e marcas de cantería. Hai algunhas casas de interese.

En Fatón hai un peculiar hórreo que ten no piar central un Peto de Ánimas, caso extraordinario na provincia. A igrexa de Souto, de advocación de San Salvador é obra de estilo Románico. En Peago está a casa pacega con hórreo do Conde de San Román. E Zarza, onde hai un hórreo que pertence á casa do Escribano, o máis grandes do Concello, que ten sete claros.

Pereda a igrexa parroquial ten restos da época medieval, do Románico. A carón, polo oeste, está casa rectoral, con adro murado, que foi de Oseira, obra do século XVIII. Hai tamén un peto de ánimas antigo con relevo feito hai poucos anos por o escultor Manzano.

Finalmente, Castrelo, pola estrada de Maside, lugar preto Castreloda vila de Cea, con capela parroquial de San Cipriano. Na estrada un sobranceiro peto das ánimas do século XVIII. E no lugar da Torre, hai unha aira con un interesante hórreo do século das lumieiras, datado en 1788. Nas inmediacións hai unha casa de notables dimensións e boa cantería con un reloxo de sol, coa data de 1824, época do rei Borbón D. Fernando VII.

Textos sacados de "Do gran ao Pan" de Xabier Límia de Gardón

 

Pontemandrás Plaza en el pueblo de Pontemandrás Retablo de la Iglesia de Mandrás (San Pedro)

Río el el Puente Romano de entrada al Concello Hórreo singular en Fatón

© As fotos son propiedade de www.concellodecea.com, e queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa dos propietarios.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares