Xantar na Casa
Este servizo foi concibido como un programa de atención ás persoas maiores e/ou persoas en situación ou risco de exclusión social. Ten como finalidade, mellorar a calidade de vida das persoas, prestando apoio dentro do propio domicilio, que teñen unha serie de limitacións que lles impide ter unha adecuada cobertura alimenticia.
O programa "Xantar na Casa" é un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomÃa persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra e elaboración de menús.
O obxectivo principal deste programa é, por tanto, mellorar o nivel de benestar e de calidade de vida das persoas maiores e/ou dependentes, e tamén das súas familias, mantendoasena a súa contorna comunitaria e retardando ou evitando a institucionalización.
Desde o mes de decembro de 2008, o Concello de San Cristovo de Cea, puxo en marcha este servizo para atender á poboación maior e/ou dependente, proporcionándolles desta forma unha alimentación sa e equilibrada. Os benificiarios deste programa reciben semanalmente diferentes menús propios da cociña tradicional galega.