Itinerario 1: Cea
Ante todo Cea, vila e capital do municipio, centro comercial e de servizos. Grupo escolar, Centro de ensino secundario, Centro de saúde, Complexo deportivo, e instalacións deportivas para o fútbol no campo de "O Lodairo" e no Pavillón, que co a piscina completa a oferta. Importantes casas, como a dos Guerra –ou a do Pesador, do século XIX, recentemente desaparecida na praza maior-, con chemineas de cantería e artísticos canzorros, a torre campanil -fonte (1926-1928), obra de Conde Fidalgo; o santuario neogótico da Saleta (1908), con importante romaría en setembro; a fonte monumental de 1867 -noutrora na praza maior-, os fornos de "A Cebola", "Do Abade", "Da Eira", entre outros, base do celebrado pan de Cea "poia", tradicionalmente amasado por "panadeiras", nun paseo pola vila que debe levar ata o da “Parapeta” (ruína) e o “Do Lodairo”, reconvertido en apresurado museo etnográfico do pan. O "Da Capela", a carón da capela do Santo Cristo desapareceu co progreso, ó igual esta, obra de finais do século XVIII. Agora hai unha praza urbana de pavimento de cores lateríticas e unha estatua que semella un Cristo (Acisclo Manzano, bronce).
Textos sacados de "Do Gran ao Pan" de Xabier Limia de Gardón
© As fotos son propiedade de www.concellodecea.com, e queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.
Para ampliar as imaxes prema sobre elas