Itinerario 3: Covas-Vales
Pola estrada cara o Nordeste está o lugar de A Grela, corrupción toponímica recente por Agrela (agro pequeno). No seu núcleo hai un conxunto etnográfico de interese, do que destacamos a fonte santa con lavadoiro, eira e diversos hórreos, un deles datado en 1860. No vello camiño entre Cea e Agrela, que vai por as Lamelas, hai varias mámoas, campo de enterramenCovasto da etapa do Megalítico, na Idade dos Metais, que se extende ata a parte norte da vila capitalina municipal a ámbolos lados do camiño do Coto cara Cotelas.Nesta chaira cara Covas, onde está a fonte de Salgueirós, e zonas próximas, hai en diversas rochas marcas de límite de parroquias, que son antigas referencias xurisdiccionais.
Pola estrada, a seguir de Agrela está o lugar de Covas onde, antes de entrar no núcleo, esta a súa salientable igrexa en emprazamento de perfil castrexo, lugar onde se conservan datos da existencia dun antigo castelo na Baixa Idade Media (Cova Ursaria, destruído no levantamento irmandiño). O edificio relixioso, dedicado a Nosa Señora na advocación da Asunción, é unha das parroquias más recentes dos arciprestádego trala separación da de Cea, e presenta unha sobranceira torre sobre fachada barroca, das mellores da contorna, do século XVIII, obras realizadas polos mestres Pedro de Rivas e Pedro Vidal. A estatua de Santiago da fe da relación co camiño cara Compostela. Nas inmediacións, en cruce de camiños, hai un salientable peto das ánimas coa imaxe tallada da Virxe na fornacina, datado os primeiros anos do reinado de Isabel II, na etapa histórica da Rexencia da súa nai Dª María Cristina, na primeira metade do século XIX, pois foi o ano de 1836.
En Mosteirón hai unha eira con cabaceiros de interese. Nas inmediacións, está a serra de a Martiñá, que preside as terras de Cea, desde os seus 1.039 metros. Omnipresente nos perfís do norte, e visible desde as de Amoeiro, monte lembrado por D. Ramón Otero Pedrayo desde Trasalba nalgún poema. Hai s restos dun castro. Nalgunha das grandes rochas do monte pódese acubillar un, cómo sen dúbida fixeron os pastores nalgunha noite.Nestas altas terras pasta ceibe o gando vacún dos veciños. Desde aquí divísase o mosteiro de Oseira, no Valescabeceira do seu estreito val.
En San Pedro de Vales unha parroquia montesía. Nela a igrexa está circundada por un adro de pedra. No interior hai un Cristo tallado fai poucos anos polo escultor Manzano, moi tosco.No lugar de Monteagudo unha casa está datada no ano de 1801; e Cazurraque, o cabaceiro do Lampiño é de 1851.
Textos sacados de "Do gran ao Pan" de Xabier Límia de Gardón
© As fotos son propiedade de www.concellodecea.com, e queda prohibida a súa reproducción total o parcial sen autorización expresa dos propietarios.
Para ampliar as imaxes preme sobre elas