Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

CD Cea

Historia.


Aínda que anteriormente o fútbol era moi practicado pola zona e na nosa localidade xa había equipo, CD Cea comeza o seu andadura oficial en 1966 con José Fernández Díaz como Presidente, José Mosquera Fernández como tesorero, Manuel Gómez Crespo, Xeneroso González, Arturo Calviño, Antonio Dalama, Américo Pinto, Andrés Gómez Juan Testa e Agustín González todos eles como vocales. Escudo de CD Cea

O equipo xoga diversos encontros con outros da zona ata que en 1975 nacen as ligas locais e CD Cea participa ascendendo á división segunda da provincia. Considerado un equipo ascensor CD Cea vive a súa etapa máis gloriosa entre os anos 1982 e 1985 pasando en anos consecutivos da categoría farolillo (3ª rexional) ata Rexional Preferente (categoría autonómica) e alcanzando o trofeo de Copa Diputación, ata a data o único, converténdose a final no campo municipal de O Couto, na capital, un verdadeiro acontecemento sendo un dos partidos con mais publico que se recorde neste tipo de evento. 2-1 foi o resultado final a favor dos panadeiros ante un Allariz que formaba un dos conxuntos punteiros por aquel entón na provincia. Formaron na final: Tino, Manix, Keita, Dopazo, Tacoeiro, Celso, Elier Dalama, Pepiño, Presas, Saleta, Víctor, Sindo e Emilio Sobrado sendo o adestrador Elías. Saleta en primeira instancia e Elier Dalama a continuación acabaron coas esperanzas dos alaricanos. 

Desde 1986 ata 1993 o club pasa por unha importante crise descendendo desde Rexional Preferente ata 2ª rexional o que provoca desacordos importantes entre os afeccionados mais ilustres. 

É na tempada 1993/1994 cando o equipo volve renacer e con Oscar Garriga como presidente se converte en novo equipo de 1ª rexional. Formaban o plantel Otero, Luís, Leandro, Ardiles, Alberto, Tiné, José Dalama, Manuel, Pichi, Javi, Carballo, Carlos Dalama, Javi, Saleta e José Antonio. Aquela tempada non só trouxo éxitos ao equipo senior senón que tamén o equipo xuvenil puido repetir a xesta realizada polos maiores 8 anos antes proclamándose Campión da Copa Diputación Xuvenil no mesmo escenario ante CD Ribadavia por un tanteo de 1-0 con gol de Javi. Formaron naquel encontro Luís, Moncho, Jacobo, Tiné, Roberto, José Dalama, Víctor, Marcos, Manuel, Pablo, Iván, Javi, Rafa e Pichi. Fíxense como varios xogadores do equipo xuvenil pertencían ao equipo senior formando estes quizais a mellor fornada de xogadores de canteira dende a época gloriosa de CD Cea. 

Temos que esperar ata a 2002/2003 para ver ao club alcanzar un novo éxito deportivo. Esta vez con José Figueiredo Crespo "Manix" como presidente e dirixindo o rumbo deportivo Guillermo Dopazo CD Cea proclámase Campión de 1ª Rexional por segunda vez na súa Historia. Formaban Manolo, Sito, Fatón, Montero, Rafa, Guillermo, Alberto Valladares, Toño, Omar, Israel, Lino, Claudio, Pichi, Carlos Dalama, Simón, Javier Caride, Stinger e Carballo.

Palmarés


 

EQUIPO SENIOR

TEMPADA 1982/1983

3ª REXIONAL

CAMPEÓN

TEMPADA 1984/1985

1ª REXIONAL

CAMPEÓN

 

COPA DEPUTACIÓN

CAMPEÓN

TEMPADA 1993/1994

2ª REXIONAL

CAMPEÓN

TEMPADA 2002/2003

1ª REXIONAL

CAMPEÓN

 

EQUIPO XUVENIL

TEMPADA 1993/1994

COPA DEPUTACIÓN

CAMPEÓN

Primeira equipación de CD Cea
 
Cronoloxía

 

ANO

REFERENCIA

Cat

1966

Nace Clube Deportivo Cea

 

1975

Primeiras ligas locais donde xa participa CD Cea

81/82

Xoga en 2ª Regional descendendo.

82/83

Campeóns de 3ª Rexional logrando un total de 156 goles na liga.

83/84

Subcampeóns de 2ª Rexional con un total de 105 goles e tan so precedido na clasificación polo El 21.

84/85

Campeóns de 1ª Rexional.con 105 goles a favor y 27 en contra. Campeón de Copa da Diputación.

85/86

Rexional Preferente. descenso y comenzo dos anos máis duros na Historia do Clube.

RP

86/87

Primeira Rexional. Sétimo posto.

88/89

Primeira Rexional. Posto decimoterceiro.

89/90

Primera Rexional. Descenso

90/91

Fórmase o equipo a ultima hora polo empeño dos afeccionados Juan Francisco e Aurelio. Segunda Rexional. Mantense.

91/92

Segunda Rexional. Presidente Paco Novoa "Cacharolo". Entrenador Manuel Vázquez "Broas". Segunda Regional.

92/93

Chega á presidencia Oscar Garriga e continua entrenando Broas. Segunda Rexional.

93/94

Oscar Garriga sigue sendo presidente Ángel Novoa entrenador. Campión de 2ª Rexional. Ascenso a Primeira.

Equipo Xuvenil: Campión de Copa Deputación ás órdes de Isidro.

94/95

Sen cambios na presidencia a mitade de tempada Ángel Novoa é sustituido por Broas. 1ª rexional.

95/96

Chega Guillermo Rodríguez como novo presidente e Guillermo Dopazo como entrenador ainda que so por dous meses sendo sustituido por Jaime Noguerol. Primera Rexional.

96/97

Guillermo Rodríguez continúa e Jaime Noguerol empeza la tempada sendo sustituido por Raúl Nogueira na metade. Primera Rexional. Descenso a 2ª.

97/98

Francisco José Álvarez colle las rendas como presidente con Prieto como técnico ascendendo de novo a 1ª Rexional no último partido.

98/99

Primera Rexional. Volve Ángel Novoa ao corpo técnico (esta é a súa segunda etapano clube) e Francisco José Álvarez continúa o fronte do equipo.

99/00

Emilio Rego presentase como novo técnico baixo la presidencia de Francisco J. Álvarez por tercer ano consecutivo. Primeira Rexional. Rego é cesado a media tempada sustituido por Prieto na súa segunda etapa.

00/01

Cuarta tempada para Francisco J. Álvarez. Manolo (porteiro) faise cargo do equipo como técnico deixando esas lides a mitade de tempada para José Manuel Vázquez "Piteira". Primera Rexional.

01/02

José Figueiredo Crespo "Manix" novo presidente. Avelino dimite a pouco de empezar o campionato e é sustituido por Raúl Nogueira na súa segunda etapa como técnico panadeiro. Primeira Rexional.

02/03

Manix sigue o fronte e Guillermo Dopazo colle las rendas do equipo para facelo campión de Primeira Rexional renunciando posteriormente a directiva ó ascenso.

Segunda equipación CD Cea
Nomes propios

ÉPOCA 0. O EQUIPO AÍNDA NON ESTA FEDERADO 

Sen esquecer que antes de estar federado o club, grandes xogadores pasaron polo equipo (Manuel Pérez "Terrible", Chapi, Felisindo Gutiérrez, Grovas, Torres, Canteiro, Lolo Dalama, Camilo Noguerol, Ramón Barrosa, Valladares, Sindo Novoa, Pedro, Manuel Pérez, Aurelio, Chin, Placido, Juan Testa, Badelo, Manuel Vázquez "Picoleiro" e outros moitos os cales seria imposible de reflectir) o plantel formado na tempada 1981/82 seria a mais produtiva en canto a nomes se refíre. 

ÉPOCA 1. TEMPADAS 1981 ATA 1986 

Poderían estar todos eles aquí reflectidos pero os Noes, Celso, Pepiño, Víctor, Elier Dalama, Guillermo Dopazo, Presas, Keita, José Eladio, Saleta, Tino, Parrilla deben estar nesta lista xa que produciron quizá o mellor CD Cea da Historia. 

ÉPOCA 2. TEMPADA 1987 ATA 1994 

Os Sobrado, Taja (estes xa estaban na época anterior pero comezan a tomar protagonismo nesta) nesta:, Alberto Valladares, Raúl, Carballo,Carlos Dalama, Yokin, Ardiles, José Antonio foron os homes destacados desta época aínda que considerando as dificultades que lle tocaron pasar ao club por aquel entón é máis que probable que todos eles non puidesen render todo o fútbol que nas súas botas levaban. 

ÉPOCA 3. TEMPADA 1994 ATA HOXE. 

O club segue en crise no segundo lustro dos 90 e home que xa destacaran en épocas anteriores seguen formando parte do equipo cun rendemento mais que aceptable, sen demasiadas facilidades económicas o club debe tomar xente das categorías inferiores para completar o primeiro persoal e é aí onde comezan a destacar os Pichi, Tiné, Javi, Víctor entre outros facéndose un oco entre os homes destacados na Historia de CD Cea. Actualmente seguen no persoal xogadores xa nomeados anteriormente, a gran maioría debutou no equipo moi cedo pero un caso chámanos poderosamente a atención, corría o ano 1983 cando un mozo ofrecía moi bos xeitos no campo de O Lodairo, a xente cría que podía chegar lonxe pois á súa tan tempra idade non disimulaba un desparpaxo pouco coñecido nos campos provinciais, aquel rapaz era Antonio Calviño, máis coñecido no mundo do fútbol como "Parrilla". este mozo con tan só unha tempada no primeiro plantel de CD Cea é reclamado por equipos de máis categoría como o Celta de Vigo ou CD Ourense onde pasa os seguintes anos da súa carreira deportiva . 21 anos despois pódese ver de novo a Parrilla correteando polo Municipal campo demostrando que as súas calidades deportivas continúan intactas.

CD Cea Hoxe

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar a imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares