Historia
Cea aparece escrito en tempos pasados como Cea, Çea, Ceia e Zea, casi con total seguridade procede dos celtas. Para estes a palabra contaba con dous significados "muralla" ou "pradeira".
Don Ramón Otero Pedrayo decía de Cea "está formado por casas antigas, a cor do seu famoso pan de moreno e sabroso trigo, Vila ben nomeada e alavada por grandes extensión galegas, polas súas mulleres madrugadoras e leales e polos seus mozos ben plantados, que reparten o seu pan polos lugares máis afastados, ata o Miño..."
Ata o censo de 1920 o nome de Cea empregábase indistintamente para nomear á Vila ou ó Municipio. Pasando dende entón a chamarse Sn Cristóbal de Cea o Municipio e a Parroquia e Cea só a Vila, case seguro que para evitar confusións.
No ano 1822 o municipio e a Vila quedan definitivamente inscritos na provincia de Ourense, unha vez que se consolidou a división de Galicia nas 4 provincias actuais.
En 1835, o Gobernador de Ourense, ó amparo do Real Decreto do 23 de xullo dese mesmo ano, reestructura os partidos xudiciais da provincia e inclúe no Municipio de San Cristobal de Cea os de Mandrás e Oseira. Ainda sería máis tarde cando as parroquias de Covas e Vales (ambas disgregadas da de Oseira) se unirían o Municipio de Cea, quedando este baixo a xurisdicción do Partido Xudicial do Carballiño.
Segundo as últimas estadísticas a Vila de Cea ten unha poboación de 855 habitantes, en 1960 tiña 1059. O municipio conta con 3731 e por aquel entón contaba con 5966. perdeu o 37.47% da poboación, unha porcentaxe similar ao que perdeu o partido xudicial ao que pertence.
· A extensións das parroquias e habitantes resúmese do seguinte modo:
o CASTRELO (San Ciprían), 7 entidades de poboación, 3.2 km2, 206 habitantes
o CEA (San Cristovo), 4 entidades de poboaci ón, 3.3 km2, 855 habitantes
o COVAS (Santa Mar ía), 6 entidades de poboación, 15 km2, 264 habitantes
o LAMAS (San Mart ín), 3 entidades de poboación, 1.8 km2, 178 habitantes
o LONGOS (Santa Eulalia), 4 entidades de poboaci ón, 3.7 km2, 101 habitantes.
o MANDR ÁS (San pedro), 5 entidades de poboación, 2.6 km2, 257 habitantes.
o OSEIRA ((Sta. Mar ía A Real), 23 entidades de poboación, 27.5 km2, 608 habitantes.
o PEREDA (Sta. Eulalia), 8 entidades de poboaci ón, 6.9 km2, 306 habitantes
o S.FACUNDO ( San Facundo), 3 entidades de poboaci ón, 4.5 km2, 204 habitantes.
o SOUTO (San Salvador), 4 entidades de poboaci ón, 1.2 km2, 114 habitantes
o VALES (San Pedro), 9 entidades de poboaci ón, 13.1 km2, 307 habitantes.
o VILASECO (San Miguel), 3 entidades de poboaci ón, 3.4 km2, 154 habitantes.
o VI ÑA (San Román), 4 entidades de poboación, 6.9 km2, 177 habitantes.
O orzamento da construción da Torre do reloxo foi de 15.000 pesetas, por aquel entón o Concello tiña un orzamento de 58.592 pesetas. E con isto referímonos á Torre tal e como esta hoxe, situada no centro da Praza Maior.
A capela do Santo Cristo, hoxe non existente, é do século XVIII, posuía un altar neoclásico, decorado con pans de ouro doados por emigrantes de Cea na Replública Arxentina.
A igrexa parroquial, consagrada á Virxe do Rosario e a San Cristovo, atópase a 1 km. da vila. O súa fundación é antiquísima, aínda que o súa construcción actual é do século XVI, cando substituíu a outra anterior da época dos suevos, mencionada en 1487 e que contaba cunha feligresía de 48 veciños, o que non era pouco xa que en Ourense por aquel entón só había dúas parroquias (A Catedral e a Santísima Trinidad) e contaban con 1048 veciños.
A Capela da Saleta foi construída en 1908, mediante suscripción popular, costando 17.321 pesetas. O pobo reuníu 9.124 pesetas e o resto, o párroco Don Jesús Gómez Alanís do seu propio peculio. Iso é polo menos o que reflicte nunha lousa de mármore situada no propio templo aínda que hai outras teses valorables (Véxase a Historia dos alcaldes de ANGODA en colaboracións)
Dedúcese que a presenza do home por terras de Cea sexa de fai máis de un millón de anos, dado o hallazgo de exemplares soltos de machetes, puntas de frecha, coitelos e outros obxetos de pedra.
© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.
Para ampliar as imaxes ppreme sobre elas.