Turismo: Pan de Cea
Pan de Cea, producto tradicional, elaborado en forno de leña seguindo un proceso artesanal que transmitiu de xeración en xeración.
A historia dinos que ese proceso vense realizando nos fornos de Cea dende o século XIII. En Cea e no seu concello existen multitude de fornos actualmente, 16 de iles pertencen á Indicación Xeográfica Protegida, e elaboran tan preciado produto. Ademais existen antigos fornos, dos cales moitos deles foron restaurados polo Concello de San Cristovo de Cea, nos que ainda a dÃa de hoxe, so con traspasar a súa entrada, poden vir lembranzas de cantas anécdotas alà transcorreron.
Hoxe en dÃa todos os fornos se encontran perfectamente sinalizados e en todas as entradas do noso Concello se pode ver o panel que ven neste artigo.
Tres rutas polos fornos de todo o Concello, recentemente inauguradas, permiten a quen nos visite, gozar da bela natureza do noso entorno asi como da beleza e tradición dos fornos antes mencionados.
1. Ruta CEA: percorrido polo núcleo urbán de Cea, visitando os diferentes fornos de Cea e coa posibilidade de ver algún funcionando na actualidade nos que se elabora o famoso Pan de Cea.Â
2. Ruta OSEIRA: percorrido pola entorno do Mosteiro Cisterciense de Santa MarÃa A Real de Oseira, punto crave e de partida na historia do Pan de Cea. Gozarán do cenobio cisterciense e dunha paraxe natural sen igual.Â
3. Ruta VIÑA: percorrido pola parroquia de Viña, un paseo agradabilÃsimo con encontro coa etnografÃa do noso Concello. Visitarán fornos de leña nos que se elaboraba Pan de Cea recentemente restaurados.Â
Para máis información sobre o Pan de Cea: www.pandecea.org
Â
© As fotos mostradas son propiedade de www.concellodecea.com e queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.
Para ampliar as imaxes preme sobre elas