Velorio Municipal

Desde Xuño de 2007, o Concello de San Cristovo de Cea ofrece como servizo a todos os veciños de Cea o Velorio Municipal.

Pensado, ideado e construído tras a gran demanda existente e tras ser visto como unha necesidade ansiada polos veciños do noso concello, é un moderno edificio na zona de O Lodairo equipado con todo o necesario para cumprir a normativa vixente en canto a este tipo de instalacións e convértese desta forma no primeiro Velorio Municipal da Comarca destas dimensións.

Almacén, servizos para persoal, sala de preparación, servizos ao público, un extenso hall e dúas salas de gran tamaño forman as instalacións.

O prezo do servizo para veciños e veciñas empadroados é de 100 €.

O prezo do servizo para non empadroados é de 200 €.

Así mesmo os que teñan subscrito un seguro de decesos a compañía abonase 200 € por servizo.

Velorio Municipal Velorio Municipal Velorio Municipal

© Todas as imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen autorización expresa do propietario.

Para ampliar as imaxes preme sobre elas.

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares