Este sitio utiliza cookies para almacenar información en su ordenador.
Algunas cookies en este sitio son esenciales, y el sitio no funcionará como se espera sin ellos. Estas cookies se establecen al momento de enviar un formulario, Entrar o interactuar con el sitio al hacer algo que va más allá de hacer clic en enlaces simples.También utilizamos cookies no esenciales para realizar un seguimiento de forma anónima visitantes o mejorar tu experiencia del sitio. Si no estás contento con esto, no acepte estas cookies, pero algunas características del sitio pueden no estar disponible
04.07.2018.- Comeza unha intereante Campaña de Compostaxe!.+ Info nas Oficinas municipais, no teléfono 988 28 20 00 ou nos contactos que aparecen no cartel
04.07.2018.-Carlos Núñez volve a Oseira para ofrecer un novo concerto nun marco incomparable, como é a Igrexa do Mosteiro. No Concello hai entradas a venda. Se estás interesado en asistir non demores a compra xa que hai unha alta demanda.
27.06.2018.- Adxuntamos Bases para o proceso de contratación laboral temporal de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de San Cristovo de Cea.
15.06.2018.- O vindeiro 24 de xuño celébrase a III Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea. Unha iniciativa ideada desde o Consello Regulador da IXP e o Concello de San Cristovo de Cea co obxetivo de ampliar o número de actividades da Festa do Pan. Ten ademais unha finalidade altruista, xa que boa parte do recadado vai a unha asociación se ánimo de lucro, este terceiro ano vai a favor de Aspadisi. É unha actividade que sirve tamén para mostrar o noso concello e incentivar a práctica do deporte. Compartimos o Track das rutas, en dous formatos, para que os participantes podan facerse unha idea de por onde vai cada ruta.
25.05.2018.- Presentamos á vez co Consello Regulador da IXP Pan de Cea a XXVII Festa do Pan de Cea, evento que coorganizamos. Trátase dun cadro do artista Xosé Gonzaález Freixedo "Mitra". Agardamos que vos guste. Amplíase premendo nel.
24.05.2018.- Coa finalidade de poder resolver dúbidas sobre a obriga de manter as fincas limpas e obter unha maior información sobre distancias e demais obrigas, técnicos da Consellería de Medio Rural estarán no Edificio Multiusos o vindeiro mércores, 30 de maio, para informar a todos os interesados. Preme na imaxe para ampliar
Empregamos cookies propias ou de terceiros para mellorar os nosos servicios e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación