Cookie Control

Este sitio utiliza cookies para almacenar información en su ordenador.

Algunas cookies en este sitio son esenciales, y el sitio no funcionará como se espera sin ellos. Estas cookies se establecen al momento de enviar un formulario, Entrar o interactuar con el sitio al hacer algo que va más allá de hacer clic en enlaces simples.También utilizamos cookies no esenciales para realizar un seguimiento de forma anónima visitantes o mejorar tu experiencia del sitio. Si no estás contento con esto, no acepte estas cookies, pero algunas características del sitio pueden no estar disponible
(One cookie will be set to store your preference)
(Ticking this sets a cookie to hide this popup if you then hit close. This will not store any personal information)

About this tool

About Cookie Control
Oseira

Obradoiros de Saúde

21.03.2025.- Charlas de Saúde no Edificio Multiusos o vindeiro martes, 25 de marzo, desde as 10 horas. Acceso libre e de balde. Anímate e asiste a unhas novas xornadas impulsadas pola Área Sanitaria coa colaboración do Concello. 

Preme para ampliar 

Galego

Entroido 2025: programación

 

Preme na imaxe para ampliar

24.02.2025.- Chega o Entroido! A continuación compartimos a programacion para o mesmo:

Venres, 28 de febreiro: Desfile dos nenos e nenas do Cole de Cea e da Gardería na Praza Maior, a partir das 12 horas

Sábado, 1 de marzo: Gran Desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido polas rúas de Cea. 17 horas. Premios de 700 €, 350 € e 150 € para as tres elexidas polos propios participantes.

A partir das 21:30 horas cea e festa de entroido no pavillón de deportes, con música en directo. Tickets á venda ata o xoves 27 de febreiro.

Galego

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DE COMPETENCIA

10.02.2025.- 
 
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA PROVINCIAL POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE RECOLLIDA, TRANSPORTE E TRATAMENTO DE RESIDUOS DE COMPETENCIA
 
Esta modificación entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2025.
 
A Ordenanza fiscal provincial establece o marco normativo e financeiro para a prestación do servizo, substituíndo as ordenanzas de taxas de este servizo existentes nos municipios da provincia que teñen delegada esta competencia (59 concellos)
 
A Deputación de Ourense, en réxime de competencia delegada, é agora responsable da ordenación, xestión e planificación do servizo.
 
Galego

Entroido 2025

05/.02.2025.- Engadimos as Bases e Anexo I e Anexo II para o desfile de Carrozas e Comparsas que se celebrará o 1 de marzo de 2025 en San Cristovo de Cea. A inscrición de carrozas e comparsas poderá facerse ben presencialmente nas oficinas municipais en horario de 9 a 14:30 horas de luns a venres, ou ben a través da sede electrónica do Concello ( https://concellosancristovodecea.sedelectronica.gal )

 

BASES DESFILE DE ENTROIDO 2025

ANEXO I (DOCUMENTO DE INSCRICIÓN)

ANEXO II (DOCUMENTO PARA AGRUPACIÓNS SEN ENTIDADE XURÍDICA) 

AUTORIZACIÓN MENORES

 

Galego

Campamento de Verán 2024

01/06/2024 .- Engadimos o enlace para descargar o formulario de inscrición do Campamento de Verán 2024. O prazo de inscrición rematará o 20 de xuño. O formulario cuberto pode enviarse por whatsApp (672122300) ou ao enderezo electrónico cultura@concellodecea.com. Unha vez recibido poñeremonos en contacto para enviar programación e condicións particulares do Campamento. O formulario tamén pode imprimirse, cubrise e levalo persoalmente as oficinas municipais (de luns a venres de 9 a 14:30 horas). No propio concello tamen pode atopar o formulario para cubrir. Prema no enlace que segue para acceder o documento a cubrir. Dúbidas e consultas no 6721200300 (whatsapp)

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO 2024

 

 

Galego

Pista de Pádel

15.04.2024.- Xa dispoñible a reserva online da pista de pádel. Para facer a reserva é imprescindible crear unha conta de usuario (unha vez creada hai que validala). Con esa conta de usuario, a reserva a moi sinxela, so debemos escoller o día e a hora (con 7 dia de antelacion como máximo), facer o pago (tarxeta de crédito), e co código recibido poderás acceder as instalacións durante o tempo que dure a reserva. 

 

ReservaDeportes

Galego

A remuda rexeracional na IXP Pan de Cea

Con este evento preténdese abordar as dificultades da marca Pan de Cea para atopar relevo para os seus artesáns. A través de diversas actividades poñeranse en valor as oportunidades de remuda que hai neste sector, conectarase aos actuais artesáns coa nova xeración de panadeiros.

 

programa será o seguinte:  

10:00-10:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

Galego

Banco de Vivendas e Leiras

19.02.2024 .- Engadimos un novo apartado á web. Trátase dunha ferramenta para dar publicidade a propiedades que estén en venda ou aluguer. Se estás interesado, contacta con nós (cultura@concellodecea.com ou no whatsapp 672122300). O acceso ao apartado está no menñu da dereita.

 

Galego

Bolsa de Emprego

04.01.2024.- Engadimos un apartado á web para poder incorporrar ofertas de emprego ou demanda de emprego tanto por parte de empresas como de usuarios particulares. Preme no banner do menú da dereita para acceder.

 

© www.concellodecea.com

Galego

Andaina de Nadal

23.11.2022.- O vindeiro 18 de decembro, domingo, celebraremos unha Andaina de Nadal que percorrerá fermosos paraxes do noso concello. Vai gardando a data! En breve ampliaremos información e abriremos prazo de inscrición.

© www.concellodecea.com

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estad�sticas gratuito El contador para sitios web particulares