Entroido 2025: programación

 

Preme na imaxe para ampliar

24.02.2025.- Chega o Entroido! A continuación compartimos a programacion para o mesmo:

Venres, 28 de febreiro: Desfile dos nenos e nenas do Cole de Cea e da Gardería na Praza Maior, a partir das 12 horas

Sábado, 1 de marzo: Gran Desfile de Carrozas e Comparsas de Entroido polas rúas de Cea. 17 horas. Premios de 700 €, 350 € e 150 € para as tres elexidas polos propios participantes.

A partir das 21:30 horas cea e festa de entroido no pavillón de deportes, con música en directo. Tickets á venda ata o xoves 27 de febreiro.

Luns, 3 de marzo: ás 15:30 visita das carrozas de Parada de Amoeiro na Praza Maior.

Verbena de entroido ás 21:00 horas coa orquestra Los Satelites (dous pases 21:00 e 0:00 horas)

Mércores, 5 de marzo: Ás 20:30 horas, Enterro da Sardiña na Praza Maior, con degustación de balde e animación musical coa Charanga Nova de Trives.

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares