Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Mosteiro de Oseira

Referencia artística en Galicia e na Peninsula.

Pode  ampliar información na páxina web do mosteiro, http://www.mosteirodeoseira.org.

Situación e principios


Lugar de osos, dende a súa restauración, que comezou a principios de século, o interese que esperta o Mosteiro de Santa María a Real de Oseira é cada día maior. Quizais é, logo das catedrais o monumento arquitectónico mais grandioso dos que podemos atopar en Galicia. A sencillez e a constancia empregada polos monxes do cister na reconstrución de tan belo paraxe aínda enxalza mais a obra, se cabe. 

Ubicación:

Primeira Guia do Mosteiro. Obra de Peralta

Nun natural e típico val galego, situado ao norte da provincia de Ourense e onde se xuntan tres das catro provincias galegas, podemos atopar o pobo de Oseira, englobado no Concello de San Cristovo de Cea e no partido xudicial de O Carballiño. O terreo tórnase moi pintoresco, as montañas predominan en torno o apreciado edificio. A Serra dá Martiñá, o Penedo dás Cuncas, Pena Odesa e Loma Choira bordean o lugar dando máis relevancia o conxunto arquitectónico. O río Oseira é a principal corrente caudalosa da zona, por ela pasan abundantes augas cristalinas que brotan das sinuosidades do val. 

Hai indicios de que o lugar elixido en primeira instancia para a construción do edificio foi o terreo sobre o que hoxe se levanta a pequena e próxima aldea de Mosteirón (de aí o seu topónimo). Era este un lugar situado o mediodía nunha zona alta dende a que se divisa gran parte da provincia de Ourense e montañas do norte de Portugal pero a ausencia de abundantes augas fixo que desistisen desta ubicación para construílo nunha planicie situada na marxe dereita do Río Ursaria, algo perfectamente razoado xa que neste novo destino a edificación estaba ben cuberta dos ventos do norte. 

  • Titulo de propiedade

Os monxes fundadores do Monasterio trataron de resolver futuros problemas coas terras onde estaba situado o monasterio ao solicitar ao rei Alfonso VII Acta fundacional de 1137autorización para cotexar o terreo, demarcando claramente os seus limites. O citado rei accedeu a tal solicitude outorgándolles as terras cun diploma no que se lían os seguintes párrafos " Eu, Alfonso, pola graza de Deus emperador de España xunto coa miña dona doña Berenguela, con ánimo xeneroso, vontade sincera e sen coacción algunha, por amor de Deus e en remisión dos pecados dos meus pais e meus, fago carta de donación a Deus o noso Señor, á Igrexa de Santa María de Ursaria e á don García, electo abade daquel lugar e ós demais monxes presentes e vindeiros que constrúen o mosteiro e viven nel observando a relixión e regra de san Bieito, toda aquela herdade miña e monte onde agora se está construíndo o mencionado mosterio xunto ó río Ursaria..." 

  • Os comezos

Poucos Mosteiros teñen a sorte de contar con documentos básicos de fundación, como os ten Oseira, redactados con todas as formalidades de rigor polos propios fundadores, no momento preciso de iniciar a súa singradura monástica. Nel os catro integrantes da primeira comunidade, manifestan o seu firme propósito de levar vida monástica, habéndose retirado a un lugar escabroso, surcado polo río Ursaria, e unha vez examinado detidamente considerárono adecuado para poñer en practica e vigor os seus plans, por ser nha soidade imponente e reunir as condicións necesarias para levar unha vida afastada do mundo, segundo as esixencias da regra benedictina.

Dicimos da regra benedictina por que nun primeiro momento non está demasiado clara a orde á que pertencían os monxes afincados en Oseira e tódolos indicios apuntan a que éstes eran benedictinos. 

Esta claro, para os historiadores que a primeira aparición dos monxes en Oseira data de 1137, pero non sucede o mesmo cando se trata de precisar o momento no que se incorporaron ó Cister. Tódolos autores, antigVista posterior da Igrexa en 1.925os e modernos, coinciden en sinalar os anos 1140 ou ben 1141 como a data de incorporación pero se atendemos ás teorías trazadas polo benemérito pai Mauro Cocheril debemos adiantar este acontecemento a 1937. As razóns esgrimidas pola tese Cocheliriana non son outras que a aparición nos documentos escritos por Alfonso VII, o primeiro de 1137 e o segundo de 1939, do título de Santa María, o cal só cabe para fundaciones cistercienses. Outras tendencias sitúan a incorporación ó Cister anos despois, aínda que estás non teñen bases lóxicas e basean as súas teorías en suposicións hipotéticas e outras, como a do autor do Repertorio do arquivo baixo de Oseira cren que xa dende un primeiro momento os monxes estaban baixo a disciplina do Cister. 

O abade don García constitúe, sen dúbida a pedra angular nos inicios monacales. Él é quen figura dende o primeiro momento como pioneiro en tódolos feitos importantes acontecidos durante os primeiros trinta anos de permanencia ó fronte da abadía.

Arquitectura


Cando nace a vida monástica en Oseira as limitacións eran máximas polo que non é fácil describir o aquel primeiro cenobio. Nada se conserva que nos permita polo menos aventurar un plano. A historia arquitectónica de Oseira comeza no estudo da súa igrexa, a obra cronolóxicamente mais antiga que pervive. 

  • A CAPELA DE SAN ANDRÉS

Veuse dicindo con insistencia por algúns autores que esta capela , encostada ó hastial norte do cruceiro foi a capela primitiva utilizada polos primeiros monxes, antes de construír o templo actual, opinión que hoxeVista posterior da Igrexa na actualidade non ten Monasterio de Oseiraconsistencia algunha por dous motivos fundamentais, por ter un estilo paralelo o do templo, o que denota unha data de construción similar e polo seu tamaño excesivamente pequeno.

A capela é dunha soa nave dividida en dous tramos, encóstase ó hastial norte do cruceiro. De notable altura para as súas reducidas dimensións, cóbrese cunha bóveda de canón apuntado sostida por un arco faxón de aristas vivas. Voltease o arco sobre dous capiteis-ménsulas decorados o lado sur con follas rematadas en bolas e o outro con follas planas tamén rematadas en bolas, sobre eles disponse un cimacio.

Sobre os arcos lisos ábrese unha fiestra con dobre derrame dunha soa arquivolta que se voltea sobre columnas acobadadas de fuste monolítico, e bases áticas sen ornamentación, capiteis con follas rematadas en bolas e rosca adornada con flores de oito pétalos moi xeometrizados con botón central. Cimacios con perfil en nácea con decoración en zig-zag. O van da fiestra remata en arco de medio punto. Persiste o arco triunfal da desaparecida capela absidial. É apuntado e está dobrado. Os capiteis presentan, o da dereita follas estilizadas con nervio central e o esquerdo con dous cuadrúpedos enfrontados case desaparecidos. Sobre o arco triunfal ábrese un pequeno van adintelado con derrame interno, descentrado respecto do arco triunfal. Nas paredes hai cruces de consagración inscritas en círculos, semellantes ás da igrexa.

O exterior é dunha gran simplicidade. No lado oeste ábrese unha gran posta de entrada que consta de dúas arquivoltas apuntadas e chambrana con decoración fitomorfa moi esquemática. Tímpano liso sostido por mochetas ornamentadas na fronte con estilizadas follas nervadas, capiteis e cimacios reiteran a decoración fitomorfa executada con relativa tosquedad. O beirado do costado setentrional apóiase en canecillos todos en forma de proa. Na cabeceira apréciase o arco apuntado de ingreso o ábside.

O destino da capela, segundo quedou demostrado polo Dr. Val Pérez é o de servir de lugar de enterramento de familias nobres que, por usos da Orde, inicialmente cumpridos con rigor, tiñan imposibilitado o sepultarse na igrexa abacial.

No século XVIII desapareceu dela o ábside semicircular no cal achábase a imaxe románica da nosa Señora do Leite, que pasou logo á capela da Xirola, e en 1970 colocouse presidindo no centro da columnata que descansa sobre o zócalo da Xirola. Tamén desapareceu o primitivo altar que hoxe se acha recollido na sancristía, dunha soa peza sobre un único pedestal.

A capela ruinosa cando en 1929 volveron os monxes restaurouse en 1932 baixo a dirección do arquitecto Alejandro Ferrant. 

  • A IGREXA

A construción máis destacada de Oseira, de época medieval, é a súa igrexa, xoia de gran valor arquitectónico, sendo ademais un exemplar clave na arquitectura da Orde en España.
Detalle na Igrexa

Considérase como data válida a de 1239 para a súa consagración e xa que logo como data de finalización das obras. 

A PRANTA

Ten forma de cruz latina, con tres naves de sete tramos no brazo lonxitudinal e unha soa e o cruceiro, con dous tramos. A central de maiores proporcións en ancho e alto, mentres que as laterales son baixas e sensiblemente estreitas. Consta dunha capela maior semicircular precedida de dous tramos rectos, en Monasterio de Oseiratorno o cal desenvólvese unha xirola, con sete compartimentos na zona curva. Na xirola ábrense cinco capelas, que orixinalmente terían planta circular precedida dun tramo recto, soamente na actualidade conserva esta inicial composición a situada o sur da capela central. 

AS NAVES

O brazo lonxitudinal da cruz da planta ten tres naves, de notable lonxitude, de sete tramos cada unha, sendo a central sensiblemente máis ancha e elevada que as laterais.

Os muros entre a fiestra e os arcos forneiros de comunicación coas naves son lisos ofrecendo unha verticalidade destacada. os arcos citados son apuntados, dobrados lixeiramente peraltados e de aristas vivas. Apean en columnas, das cales as características son similares ás da nave central e os seus plindos igualmente teñen decoración con motivos diversos ou carecen de decoración.

Os capiteis os que son decorados fano con motivos vexetais, desaparece a decoración segundo descenden cara os pés.

Os alicerces, compostos son de planta cruciforme e álzanse sobre un basamento co mesmo tipo de planta rematado por un touro sainte e liso. 

O EXTERIORA Fachada do edificio hoxe

Tanto a cabeceira como a fachada foron desfiguradas por adosamiento de diversas construcións ou por renovación das súas fábricas, moi particularmente no século XVIII.

Na cabecera só conserva a súa forma inicial un dos extremos que reformou e completou o arquitecto Alejandro Ferrant no ano 1932. As outras capelas conservan parte da edificación medieval, dúas o lado do evanxelio, a capela central non se mantén nada da construción precedente.

A Restauración


 

Na restauración do apreciado monumento dous nomes craves pódense citar pola súa interese ou dedicación: o Dr. Florencio Cerviño, Bispo de Ourense e o Pai Juan María.

O primeiro converteu en algo persoal a reconstrución do Mosteiro e axiña que tomou posesión da diócese de Ourense (1922) e visitou o Mosteiro de Oseira, completamente en ruínas e, sentiu traspasado o corazón de dor, formando propósito firme de traballar con todo empeño para lograr a súa restauración e entrega á mesma orde cistercense que fora a creadora do monumento. 

Acceso á Iglexa (Bóveda plana). 1925

Cara ao ano 1926 o Dr. Cerviño inicio as primeiras xestións co Cister co obxectivo de ofrecerlles o Mosteiro de Oseira xa que algunhas das comunidades cistercenses, como claro exemplo a comunidade de Val San José (instalados en Xetafe - Madrid), non dispoñían de instalacións sas. Tras non chegar a bo porto, as negociacións encamiñáronse ó abade do Monasterio das Neves (A Bastide-Lozère Francia) quen aceptou a fundación e obtivo a aprobación da mesma no Capítulo Xeral da Orde en 1928. 

O 14 de outubro de 1929 chegaron a Ourense varios monxes, os cales xa pola tarde desprazáronse a Oseira para facer preparativos para o día seguinte, que chegarían o resto dos monxes. 

Unha vez instalados en Oseira o seu primeiro gran obxectivo foi a creación dunha central eléctrica que lles aportase luz para o Mosteiro. Querían aproveitar o abundante auga que desprendían aquelas montañas e corría impetuosa a fundirse co Arenteiro ata desembocar no Miño.

A inesperada visita de Dom Agustín Martín, abade do cister, o 4 de febreiro de 1930, aproveitárona os monxes para viaxar a Vigo con obxecto de adquirir unhas turbinas para producir electricidade. Tan en serio o tomáron que o 23 de febreiro xa se podían ver os postes para o tendido eléctrico , o que outorgaba á zona un aspecto de "país civilizado", como alguén dixo.

Cando na primavera de 1930 o Doutor Cerviño acompañado de D. Pedro Rei Daviña visitou Oseira, atopouse con gratas sorpresas ó ver o edificio xa con porta e fiestras na fachada principal. 

  • AS PRIMEiRAS REMODELACIÓNS.

Todo o edificio atopábase á intemperie e desmantelado salvo a ala de poñente do Patio dos Cabaleiros na que se achaba a vivenda do párroco e unha pequena escola, pero ben pronto deixaron todo libre instaO Calefactorium, ao descubertolarse os monxes.

A primeira obra que realizaron foi a fonte do Patio dos Cabaleiros, no mesmo sitio e que reemplazaba á que se levaron a Mosteiro de OseiraOurense, e que hoxe adorna o ourensan Xardín de Posío. Esta foi obra de Hº Esteban (un dos que viñera de Francia). 

Malia a súa avanzada idade o Hº Esteban acometeu outras obras de restauración, como a bodega e o local de embalar caixas e barriles, así como o local onde máis adiante se situaría a fábrica de queixos, todo isto en 1930, e ó ano seguinte recuperou a secretaría. En 1932 dedicou as súas actividades a outro local destinado a Comedor de Hóspedes, ó que seguiría o adecentamento do taller de embalaxe, o salón destinado a máquinas e cámara frigorífica. Foi por todo isto, o Hº Esteban considerado como pionero nas restauracións.

O primeiro diplomado en dirixir as obras de restauración, Alejandro Ferrant, encargouse da capela románica, as ventás daigrexa (pechadas anos atrás) e as escaleiras do dormitorio.

Na primeira etapa das restauracións oficiais fíxose outro labor de carácter estético: limpar o encalado da sala Capitular ou das Palmeras, deixando a pedra ó descuberto.

Dos beizos de Faustino Santalices, secretario do Gobernador Civil, brotou a idea da construción dun reformatorio para nenos nas instalacións monacales. O Hº Paúl calculou a obra en 200.000 ptas facendo os planos dos locais idóneos para tal fin.

Nos anos da Guerra Civil Española, os negocios do Mosteiro foron exitosos xa que o cava catalán non podía ser vendido, o fabricado en Oseira tomou bastante relevancia. Non segueu igual sorte a fábrica de queixos, que tras xurdir certas dificultades foi trasladada a Celanova en 1938 e ata e Hº Pablo foi multado doblemente polo queixo vendido no Mosteiro que, en ocasións, presentaba certas deficiencias. 

  • O PAI JUAN MARÍA

Aínda que todos os monxes aportaron o seu gran de area á obra restauradora de Oseira, é de xustiza recoñecer que un deles lévase a palma, o que desgastaou a súa vida nun sacrificio incesante de moitos anos ó fronte das obras, este foi o Pai Juan María, cuxo nomee ben merece ser gravado con letras de ouro á beira do Dr. Cerviño, posto que ambos se complementaron. 

En estado ruinoso. 1925

O que tal vez faltaba ó Pai Juan María de cultura brillante e rechamante sobráballe de enxeño e equilibrio. Demostrouno de mil xeitos, sobre todo na restauración total do edificio, levando a cabo unha serie de obras moi difíciles, capaces de acovardar o ánimo máis esforzado. Era corrente o devandito entre arquitectos cando xurdía algún problema de difícil solución "chamade ó Pai Juan María, xa veredes como pronto o resolve". E así era, sabía de obras, de carpintería, de electricidade, en definitiva, unha enciclopedia vivinte.

Era ademais de gran coñecedor de todos os entresixos das materias antes citadas, un gran amante da economía xa que de todos era coñecido o dito de "O Pai Juan María dun duro fai vinte". O seu traballo era de tal agrado de todos que ata os responsables de Belas Artes deixaron nas súas mans a concesión de subvencións, sabendo que nas súas mans multiplicaríase o diñeiro.

Nos últimos anos, sentíndose falto de saúde e con problemas cardiacos, viuse obrigado a retirarse para descansar. Moi pouco puido gozar de tan inmenso traballo, xa que en xaneiro de 1992, aqueixado dunha forte gripe, que afectou ás vías respiratorias, tivo que ser ingresado en Ourense. Un ano máis tarde , un 19 de xaneiro de 1993, o Pai Juan María faleceu ás once e media da noite en compaña do pai-abade, logo de dedicar a súa vida ós demáis.

Non só Oseira se beneficiou do traballo do Pai Juan María, xa que obras como o Mosterio de San Miguel das Donas (León) e a igrexa e gran parte de edificio de Ferreira de Pantón foron obras exitosamente dirixidas por él. 

  • A RESTAURACIÓN EN SERIO

Ata 1950 non foron moitas nin demasiado importantes as obras de rehabilitación. Deixamos ó carón as obra do Hº Esteban e imos centrarnos nas obras de envergadura, nas cales comezou a despuntar o enxO Mosteiro case en ruinas. 1925eño do pai Juan María.

En 1953 restaurouse a torre da igrexa, a do norte, que fora decapitada por un raio en 1927. A restauración custou 70.000 ptas e os técnicos considerárono unha bicoca, pero ó ser costeada pola comunidade facilitou o aforro.

Malia que as axudas eran poucas as obras seguiron a súa canle. O torreón sureste, o Patio de Pináculos, que se achaba afundido e desmoronado nos seus ángulos, o Estado reconstruíu os muros e a comunidade a bóveda do mesmo e a cuberta. O antigo oratorio de enfermos conservou a súa bóveda de crucería restaurando á vez toda a nave do mediodía de Patio de Pináculos.

No ano 1966, e tras conceder ó Pai Juan María a singular excepción de entregarlle a él as subvencións para administralas, comeza a rehabilitación da vivenda, que era en torno á parte alta do primeiro patio, chamado dos Cabaleiros. Era a destinada a escritorio ou salón de estudo dos monxes, biblioteca, noviciado, sala capitular e servizos hixiénicos. Derribou todo o teito, fixéronse todas as vigas de formigón armado e varas de ferro. Unha vez feita o teitume, baleiraba o interior e acondicionabas segundo as necesidades, respetando sempre as paredes mestras e movendo ou tirando tabiques segundo fixese falta. 

No escritorio suprimiu o ceo raso, falto de valor, e fixo unha bóveda de rasilla, quedando un local precioso, cos seus balcóns ó exterior. Ó mesmo tempo dotouse de calefacción optando, logo de varios ensaios cO Recfectorio, antes da resturación xenial do Pai Juan Mariaon varios sistemas, polos radiadores de auga quente. Construíu ó mesmo tempo unha serie de duchas, cuartos de aseos e lavabos.

A continuación emprendeu a laboura de crear dormitorios individuais para unha maior comodidade.

En 1968 centráronse as obras no calefactorio, onde non quedou máis que a gran cheminea deste, moi orixinal, acabada en cubo. Levantouse todo o piso da zona para ser arrombado con pedra e baldosa, reconstruíronse os muros e colocouse unha cuberta adecuada.

A continuación comezouse a restaurar a igrexa levantando o piso, coa intención de saneala, sacouse dela o espesor dun metro de terra suplíndoo logo con area, grava e formigón, volvéndose logo a colocar a pedra pero ben escalada e en fileiras uniformes. Ó mesmo tempo limpouse e encintouse toda a pedra e recuperáronse columnas e bóvedas que antes parecían mutiladas.

Finalizaron as obras do templo en 1973 deixándoo tal e como hoxe atópase, sinxelo pero fascinante. Foi esta a obra onde o enxeño e a economía do Pai Juan María deu probas dunha capacidade admirable, pois soamente puxeron nas súas mans dous millons das antigas pesetas. Ós poucos o Monasterio foi cambiando de aspecto, a reconstrución da atalaya, a unificación das fiestras do Patio de Pináculos, os contrafortes do mesmo patio foron as obras máis importantes ata 1975.

Monasterio de OseiraUnha nova hospedería, con amplas habitacións, calefacción e todos os servizos indispensables, tróuxolle máis dunha dor de cabeza xa que ó pedir orzamento de camas, cadeiras, mesitas, etc. e non podelo cubrir (ascendía a algo máis dun millón de pesetas) el mesmo lanzouse a realizalos xunto cos seus obreiros. Pola metade ou a terceira parte do que lle pedían deixou unha hospedería máis que digna.

Nesta época dirixiu os traballos de elaboración da sillería da igrexa, que circunda o presbiterio, labrada polo mesmo e polos seus obreiros.

En todo o Mosteiro deixou lámpadas e faroles que nada envexan ós feitos en fábricas especializadas.

En 1977 comezou a que se di a súa obra mestra, a reconstrución da bóveda gótica do refectorio, construída cara a 1572. A reconstrución quedou perfecta é a admiración de todos os entendidos.

Case ó mesmo tempo levou a cabo a reconstrución do solario, solana ou terraza para tomar o sol, outra das grandes realizacións que embelecen non pouco o Mosteiro.

En 1983 iniciou a reconstrución do dormitorio de anciáns, un ano logo de iniciar a das escaleiras dos Bispos.

Con estas obras quedaba o Monasterio virtualmente reconstruído, por máis que aínda faltaban detalles, algúns de importancia como a limpeza e encintado de muros exteriores, saneamento de patios, etc

 

Máis información en...http://www.mosteirodeoseira.org

© As fotos con marca de auga son propiedade da Abadía Cisterciense de Oseira, e realizadas para ésta por Mani Moretón. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen consentimento expreso do propietario.

© As demas fotos son propiedade de www.concellodecea.com. Queda prohibida a súa reproducción total ou parcial sen consentimento expreso do propietario.

Todas as imaxes amplianse ao pulsalas.

 

Galego

Webstats4U - Web site estadsticas gratuito El contador para sitios web particulares