Oseira

Ruta dos Fornos: As vosas fotos

15.07.2014 .- Engadimos ao noso apartado En Fotos as imaxes que nos estades enviando da Ruta dos Fornos do pasado 5 de xullo, evento que abriu a Festa do Pan.

Seguimos mantendo aberta a posibilidade de que nos enviedes fotografías deste evento que se celebrou por primeira vez este ano e que pensamos terá continuidade en anos posteriores.

Para ver as fotos entra no apartado En Fotos ou preme no enlace que segue

 

Ruta dos Fornos (05.07.014) - 49 imaxes

 

 

Galego

Festa do Pan 2014: En Fotos

14.07.2014 .- Resumimos a pasada Festa do Pan de Cea, en 43 Fotos, e en todo o contido que compartimos até o momento.

Lembramos que tamén subiremos unha galería que vós mesmos, os participantes da Ruta dos Fornos, nos estades mandando ao noso perfil de Facebook. Esperaremos a ter algunhas máis e compartiremolas no nosto apartado En Fotos.

Para ver as fotos da Festa do Pan preme no enlace que segue ou no apartado En Fotos de flickr

Festa do Pan 2014 (06.07.2014) - 43 fotos

Galego

En Cea non para a Festa: San Cristovo 2014

08.07.2014 .- San Cristovo 2014Se levemos unha semana practicamente de presentacións, promocións e coa propia Festa do Pan de Cea e Ruta dos Fornos, só 4 días despois en Cea voltamos a estar de Festa. Nesta ocasión rendindo culto ao Patrón do Concello e dos conductores, San Cristovo.

A Comisión de Festas, nun traballo impecable preparou un completo e amplo programa que estamos seguros gustará aos veciños e os visitantes que teñamos o vindeiro xoves, 10 de xullo, na nosa Vila. Desde aqui o noso agradecemento pola labor realizada.

Lembramos que a Comisión de Festas sae elexida por sorteo entre os veciños con carnet de conducir, e que a conforman todolos anos 8 compoñentes.

Se premedes na imaxe da nova poderedes ver o programa completo.

 

 

Galego

Especial Pan de Cea (TVG)

08.07.2014 .- Compartimos o enlace da web de Radio Televisión de Galicia na que xa podemos ver o programa que se emitiu onte ás 0:00 horas baixo o título "Especial Pan de Cea".

Sair en Televisión, e máis deste xeito, supón un verdadeiro escaparate para o noso Pan, pero tamén para o noso Concello e para todo o que nel podemos encontrar. Por iste motivo queremos agradecer de xeito especial a Televisión de Galicia incluir este evento na súa programación.

Para ver o programa premede no seguinte enlace:

Especial Pan de Cea (07.07.2014) - XXIII Festa do Pan de Cea

Galego

Come e Fala, de Radio Galega

07.07.2014 .- Radio Galega fixo un espectacular despregue onte da 23 Festa do Pan de Cea e nos últimos 15 días a nivel de promoción.

Onte dous programas en directo, Somos Quen (das 08:30 horas ás 13:00 horas) e Come e Fala (de 13:05 a 14:00 horas).

Xa podemos compartir para que podades escoitar, os que onte non pudestes, o segundo dos programas Come e Fala, en canto podamos subiremos Somos Quen, ambos moi bonitos para ter na nosa lembranza. Para poder escoitar Come e Fala preme no seguinte enlace:

 

 

Galego

Fotos exhibición Patinaje Artístico Grupo AEDHE

07.07.2014 .- O pasado venres, 04 de xullo, o Grupo AEDHE regalounos unha esplendida exhibición de patinaxe artístico na Praza Maior, o cambio de escenario, do Pavillón á Praza, anunciamolo co tempo debido a un numeroso grupo de peregrinos que ocupaba o recinto deportivo.

Subimos á nosa galería en Flickr as fotos da Exhibición, que podedes ver no menú da dereita da paxina no apartado Todas as Fotos, y tamén no enlace que segue.

Ver fotos (15 fotos)

Galego

Exhibición de Patinaje Club AEHDE

03.07.2014 .- Mañá venres, 4 de xullo ás 20:00 horas, na Praza Maior de Cea Exhibición de Patinaxe Artístico. O Grupo AEHDE fará unha interesante exhibición de Patinaxe Artístico para o público asistente.

Y ainda que na Axenda poñía que iba a ser no Pavellón de Deportes trasládase á Praza Maior para disfrute dos veciños, veciñas e peregrinos que alí se encontren, moitos deles xa en Cea para disfrutar deste intenso fin de semana.

Non Faltes!!!

Galego

Axenda Cultural xa disponible

03.07.2014 .- Xa recibida nos fogares do noso Concello, xa temos tamén dispoñible a Axenda Cultural para os meses de xulio, agosto e setembro no seu apartado correspondente, no menú da dereita da web.

Como podedes comprobar trátase dun completo programa de actividades pensado en todos os públicos e pensado en varias disciplinas para, deste xeito, poder chegar á maioría de veciños.

Como recalcamos sempre que facemos pública unha nova Axenda Cultural, estamos abertos a suxerencias ou a poder resolver dúbidas que podan existir sobre a programación.

Na nosa dirección de correo electrónico ou ben no Concello en horario de 9:00 a 14:30 horas.

 

Galego

23 Festa do Pan de Cea: programa

02.07.2014 .- A falta de 4 días para a festa do Pan compartimos o programa completo. Este ano son dous días, o sábado 5 e o domingo 6, coa novidade da Ruta dos Fornos.

Agardamos que sexa un éxito o fin de semana e que todos os que nos visiten se leven un grato recordo e, sobre todo, un agradabilisimo padal, con sabor a Cea con Sabor a Pan de Cea.

Programa Festa do Pan  

Galego

Pan de Cea: Historia (fotos)

02.07.2014 .- Estamos na semana do Pan en Cea, estamos na semana da Festa do Pan, estamos na Semana da Ruta dos Fornos, e para celebralo dun xeito especial compartimos con todos 3 fotos, polo momento, da Historia do noso produto estrela. 

As tres fotos teñen un especial valor, e dúas delas son produto dunha donación anónima de 1909, que gardabamos cun cariño especial e que estamos seguros que serán do voso agrado.

Xa están dispoñibles no apartado Proxecto Historia, como sabedes, subímolas en orde inverso, por tanto son as tres primeiras do apartado.

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares