Oseira

Presentación "Xogo de Rapaces"

13.10.2014 .- O pasado sábado no Edificio Multiusos Municipal, Fausto González Hermida presentou o seu libro "Xogo de Rapaces", ante un auditorio practicamente cheo.

O Alcalde, José Luis Valladares, presentou o acto, no que tiveron a palabra, Acisclo Manzano, recoñecido escultor afincado no noso Concello e amigo persoal do autor, Francisco Xabier Limia, profesor e historiador, autor do limiar da publicación e o propio Fausto González Hermida.

Un aperitivo para os asistentes coa animación dun cuarteto de vento pecharon un acto moi ameno e dinámico.

No enlace que segue podes ver unha serie de 26 imaxes da presentación

Presentación "Xogo de Rapaces" (11.10.2014) 

Galego

Gardería Municipal

13.10.2014 .- Xa entrado o novo curso pasamos un anaco na Gardería, cos máis cativos do noso Concello, e pudemos comprobar que este tipo de infraestructuras merecen moitísimo a pena, pues nela fórxase o futuro. Adxuntamos unhas imaxes dos nenos e nenas nas instalacións da Gardería.

 

Gardería Gardería Gardería

As imaxes son propiedade de www.concellodecea.com. Todos os dereitos reservados

Galego

Fausto González: Xogo de Rapaces

01.10.2014 .- Fausto González Hermida, ceense, acaba de publicar o seu libro "Xogo de Rapaces". Trátase dun anecdotario da súa infancia, na que conta relatos reXogo de Rapacesais con certa picardía e moita dose de humor e retranca.

O prezo do libro é de 10 €, e poderase mercar en diferentes puntos do noso concello.

O vindeiro 11 de outubro no Edificio Multiusos ás 20:00 horas haberá unha presentación oficial do libro e máis unha exposición das ilustracións da propia publicación. Haberá un aperitivo para os asistentes e música tradicional en directo.

Estades todos convidados

 

Galego

Horarios Actividades

Undefined

Boas Festas!

19.09.2014 .- Todo a punto en Cea para comezar as Festas da Saleta 2014.

O noso máis sincero desexo a vecinos e visitantes de que pasen unhas boas festas.

Como xa se anunciou en prensa e a través de bandos municipais a feira do 22 celebrarase mañá, sábado día 20 ao ser o lunes festivo local.

BOAS FESTAS!

 

Galego

Gran Noticia!

12.09.2014 .- Onte 11 de setembro no "Consello de Goberno" da Xunta de Galicia, o ente autonómico aprobou a firma do Convenio entre o Concello de San Cristovo de Cea e a Axencia Galega de Infraestruturas, mediante o cal se executará a mellora ao acceso do Polígono Industrial de Cea.

A Xunta invertirá dous millóns de euros para a realización da obra, que suporá o empuxe definitivo para o parque empresarial.

Consideramos esta como una gran nova e que será importante para o futuro do noso Concello.

Adxuntamos a nota de prensa de "Consello de Goberno" no que sae a noticia. (páxina 10)

Información aos medios do Consello de Goberno da Xunta de Galicia (11.09.2014)

Galego

Atentos!

11.09.2014 .- Temos un par de sorpresas de importancia en dous ámbitos diferentes, pero de momento non podemos adiantar case nada. Unha enmarcariámola no mundo cultural e esperamos confirmación de poder adiantala. Da outra non podemos dicir nada, pero en cuestión de horas será anunciado.

Aproveitando a noticia, anunciamos que os problemas que a web viña tendo foron solucionados. O erro 502 Bad Gateway, non aparace xa e esperemos que así se síga mantendo.

Galego

Festas da Saleta 2014

Programa FdS2014

Galego

Dannas e Sonnas: Xa Dispoñible!!

08.09.2014 .- Xa dispoñible no apartado Colaboracións - o Xiada o seu artigo Dannas e Sonnas: A Torre do Reloxo.

Coma sempre, interesante artigo do noso amigo e colaborador O Xiada, que vive Cea coma o que máis desde a distancia e aporta, sempre que é posible, o sen bo facer nesta web. Parabéns polo artigo

Para velo e leelo entra no apartado correspondente o no enlace que segue:

Dannas e Sonnas: A Torre do Reloxo

Galego

Próximos Proxectos... Moi pronto!!!

04.09.2014 .- Despois dun mes de agosto sen apenas actividade pola época do año, volvemos con forza e anunciamos futuras accións para a web:

  • Acabando de maquetar unha nova colaboración na web. Trátase dun novo artigo do noso colaborador O Xiada, que nos fixo chegar xa o pasado 14 de agosto, que titula "Dannas e Sonnas, o Reloxo da Praza". Do mesmo non imos adeiantar nada, pero a partir de mañá poderedes velo no sue apartado correspondente, e como sempre, moi interesante o artigo.
  • A punto de acabar tamén o Especial das Festas da Saleta 2014. A partir de mañá tamén se poderá ver a primeira parte, una parte adicada á propia Virxe da Saleta.
  • Con case todo o material inicial recopilado para o Especial Banda de Gaitas de Cea que consideramos debe ter o seu propio espazo ampliado na nosa web.

Esperamos que todas estas novidades sexan do agrado de todos.

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares