Oseira

Inicio da Obras de Mellora do Acceso ao Polígono Industrial de Cea

08.03.2015 .- O pasado luns iniciaronse as obras de mellora do acceso ao Polígono Industrial de Cea. Obra pola que o Alcalde e o equipo de goberno leva anos loitando e que, por fin comeza a facerse realidade. 

A difícil situación económica actual non foi obstáculo para poder obter financiación  a través da Xunta de Galicia, para dar, desta forma, un importante impulso o tecido empresarial do noso Concello.

Xa desde que se iniciaron os primeiros trámites para poder darlle forma a esta iniciativa, bastantes empresas se amosaron interesadas en poder instalarse en Cea, dado que está ubicado nunha situación ideal, polas comunicacións existentes e estar en pleno corazón de Galicia.

Galego

Oseira: protagonista no novo videoclip de Alejandro Sanz

02.03.2015.- O exitoso cantante madrileño Alejandro Sanz elixiu o Mosteiro de Oseira como lugar principal do seu novo videoclip.  Hoxe estreouse a nivel mundial e xa nas redes sociais se pode ver o traballo.

O Mosteiro de Oseira sae en casi todo o video lucindo imaxes orixinais e tratadas con gran respeto. Desde esta web felicitamos ao cantante e á productora polo traballo realizado, e agradecemos que escolleran Oseira, un lugar tan emblemático do noso Concello 

Galego

Entroido 2015: Festa Infantil no Multiusos: Video

24.02.2015.- Engadimos un video da Festa Infantil de Entroido en Alta Definición para que quede de lembranza dunha tarde tan fermosa. Agardamos que vos guste.

 

Galego

Entroido 2015: Festa Infantil no Multiusos

19.02.2015 .- 62 fotografías da Festa Infantil celebrada no Edificio Multiusos Municipal, celebrada o pasado luns, 16 de febreiro, dispoñibles no noso apartado As Nosas Fotos. Tamén podedes velas premendo na foto que segue.

Estamos a preparar un video de máis de 40 minutos deste acto, que agardamos poder compartir en breve. 

Entroido 2015

preme na foto para entrar na galería

Galego

Entroido 2015: Chocolatada na Praza Maior

19.02.2015 .- Compartimos as fotos da Chocolatada de Entroido na Praza Maior do pasado luns, 16 de febreiro. Entroidos e asistentes puderon compartir unha tarde agradable coa presenza da Carroza da Asociación local Os Picapiezas, que parodiaban, este ano, a exitosa "8 Apelidos Vascos".

Para velas fotos, preme na que segue:

Entroido 2015

Galego

Concetracion a favor da Xornada Única no Cole

14.02.2015 .- Onte diante do Colexio Público Virxe da Saleta celebrouse unha concentración a favor da Xornada Única no Centro. Esta actuación promovida pola comunidade educativa recibiu o respaldo do Concello de Cea, coa presenza do Alcalde, que manifestou, que "O Concello de Cea e o Alcalde estarán, sempre, a favor do que reclamen os alumnos e os pais do Colexio de Cea, que o Concello e el mesmo están a disposición deles para o que precisen, e que o que sexa bo para alumnos e pais de alumnos será bo para Cea"

Imagen da concentracion. www.concellodecea.com  O Alcalde de Cea, acompañando na concentración a alumnos e pais.

preme en cada imaxe para ampliar

Galego

Festa de Entroido na Gardería: As fotos

14.02.2015 .- Xa están as fotos da Festa de Entroido da Gardería Municipal subidas á nosa galería en Flickr. Podedes velas no enlace da dereita e premendo na foto que poñemos ó rematar a noticia. Por primeira vez usamos un sistema multicámara, que agardamos sexa do voso agrado. Como poderedes comprabar son 72 imaxes para que quede o recordo de tan entrañable evento.

Entroido Gardería 2015

Galego

Entroido na Gardería 2015: Video en HD

14.02.2015 .- Engadimos un video da Festa de Entroido de onte dos nenos da Gardería Municipal de Cea (Punto P.A.I.), en alta definición. 

A verdade, é que da gusto ver aos mais cativos do noso Concello. Agardamos que sexa do voso agrado.

Galego

Concentración

12.02.2015.- Mañá, venres, 13 de febreiro, ás 15:30 horas, haberá unha Concentración diante do Colexio Público para pedir a xornada única en dito centro.

O Concello de San Cristovo de Cea apoia sempre, á Comunidade Educativa do noso Colexio.

Concentracion cole de Cea

preme na imaxe para ampliar

Galego

Entroido 2015

10.02.2015 .- Chega o Entroido! Vive o Entroido.

Entroido 15

preme na imaxe para ampliala

 

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares