III Maratón de Futbol Sete Festa do Pan de Cea
17.06.2014 .- Por terceiro ano consecutivo, un grupo de mozos do noso Concello organiza o Maratón de Fútbol Sete Festa do Pan de Cea. Os dÃas 27, 28 e 29 de xuño as instalacións do Lodairo acollerán un evento deportivo que pouco a pouco se está a converter nun referente na provincia. O Concello de Cea, como non pode ser doutro xeito apoia esta iniciativa cedendo as instalacións deportivas e agarda que todos os que visiten Cea neses dÃa se leven un grato recordo.
O Consello Regulador da IXP Pan de Cea tamén se une como colaborador do evento un ano máis.
Estamos seguros do éxito organizativo e de que as xornadas suporán un bo escaparate para a vila e o Concello.
Benvidos a Cea.
Galego
Comparte en