Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/s15b4e12/public_html/concellodecea.com/web/includes/menu.inc).

Ciclo Mestre Mateo

22.03.2022.- Chega o Ciclo Mestre Mateo a San Cristovo de Cea. 

A programación ofertada está composta polas películas finalistas nos Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego, uns galardóns que destacan as obras de maior calidade na produción audiovisual do ano, organizados tamén pola Academia Galega do Audiovisual.

O obxectivo principal da iniciativa é achegar o audiovisual galego aos concellos, vilas e centros galegos do exterior aos que habitualmente non chegan as producións que participan nos premios Mestre Mateo.

Facilitar o acceso da cidadanía a unha programación cultural de calidade con produción galega e favorecer o achegamento á nosa cultura e o noso idioma a través do audiovisual.

Achegamos calendario e horarios na imaxe que segue.

As películas proxectadas serán anunciadas a principio de cada mes, salvo a primeira que mañá anunciaremos.

A entrada a todas as proxeccións será gratuita ata completar aforo, ainda que se pode reservar a través do Whatsapp (672122300) ou no enderezo electrónico cultura@concellodecea.com

 

© www.concellodecea.gal

 

Galego

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares