Oseira

Presentación 23 Festa do Pan de Cea

01.06.2014.- A Festa do Pan de Cea, a cita gastronómica máis importante no eido do pan das que se celebran en Galicia, estrea este ano unhaPresentacion XXIII Festa do Pan de Cea novidosa actividade como é un roteiro gastronómico que percorrerá os antigos fornos, "co obxectivo de unir historia, tradición e gastronomía, as trazas máis características desta festa que leva celebrándose dende o ano 1992 para exaltar este produto", explicou hoxe o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, no acto de presentación da 23ª edición da Festa do Pan de Cea, que tivo lugar na Deputación de Ourense.

Galego

Cociña en Vivo: Ruta dos Fornos

29.06.2014 .- Ruta dos Fornos, novidosa iniciativa na 23 edición da Festa do Pan de Cea.

Na mesma, un dos seus puntos fortes será a Cociña En Vivo (ou showcoocking), que se celebrará na Praza da Panadeira sobre as 19:30 horas.

Da man de Enma Pinal Osorio os asistentes disfrutarán dun singular evento de cociña con degustación dos pratos realizados

Cociña en Vivo

Galego

23 Festa do Pan de Cea: Ruta do Fornos

25.06.2014 .- Chega xullo e co mes, sempre o primeiro domingo, chega a Festa de Exaltación do Pan de Cea. Tras 22 años de percorrido, o evento xa alcanzou madurez e un oco na axenda da boa gastronomía galega.Ruta dos Fornos 2014

E este ano chega con novidades, con novidades relacionadas, como non pode ser doutro xeito, coa gastronomía. A Ruta dos Fornos engade un día máis á celebración e que agarda, de forma humilde, converterse nun evento con sentido propio e que complemente perfectamente a Fiesta del Pan. Consiste nunha ruta gastronómica polos antigos fornos de Pan de Cea, aqueles lugares onde as familias de Cea, por semanas, cocían o Pan de Cea. Escolléronse catro Fornos para esta primera edición, O Forno do Lodairo, o Forno da Parapeta, o Forno do Santo e o Forno da Cruz. En cada un deles haberá unha selección de pinchos. Todos estos pinchos son con produtos galegos de calidade maridados con Pan de Cea. 

Galego

Corpus 2014

25.06.2014 .- O pasado domingo, 22 de xuño, Cea amencía cun aspecto diferente. Como é xa tradición un importante grupo de veciños  involúcrase na elaboración de alfombras florais en boa parte da Vila con multitude de símbolos que representan ao noso pobo.El Pan de Cea representado en las Alfombras de Corpus

Unha bonita iniciativa que chamou a atención de visitantes e peregrinos que se atopaban en Cea.

Queremos agradecer o traballo desinteresado de todos os que aportaron o seu graniño de area, e que a iniciativa perdure no tempo.

No enlace que segue, e no noso apartado En Fotos (de Flickr), podedes ver unha galería de 50 imaxes que resumen o día de Corpus en Cea. Esperamos que vos gusten!

Galego

III Maratón de Futbol Sete Festa do Pan de Cea

17.06.2014 .- Por terceiro ano consecutivo, un grupo de mozos do noso Concello organiza o Maratón de Fútbol Sete Festa do Pan de Cea. III Maratón de Fútbol 7 Festa do Pan de CeaOs días 27, 28 e 29 de xuño as instalacións do Lodairo acollerán un evento deportivo que pouco a pouco se está a converter nun referente na provincia. O Concello de Cea, como non pode ser doutro xeito apoia esta iniciativa cedendo as instalacións deportivas e agarda que todos os que visiten Cea neses día se leven un grato recordo.

O Consello Regulador da IXP Pan de Cea tamén se une como colaborador do evento un ano máis.

Estamos seguros do éxito organizativo e de que as xornadas suporán un bo escaparate para a vila e o Concello.

Benvidos a Cea.

Galego

Proxecto Historia: unha nova foto!

14.06.2014 .- Seguimos ampliando o noso apartado Proxecto Historia. Nesta ocasión subimos, e poñémola de primeira na lista unha foto Coro de Ceado Coro, do Coro de Cea, como era coñecido e que tan boas lembranzas nos trae.

Daquel Coro (hoxe temos un ideado noutro tipo de concepto), quédanos o recordo, un grato recordo, do ben que amenizaban e do bo ambiente que permanecía no grupo, facendo algo sano, algo cultural e que marcou, de seguro a infancia, adolescencia e xuventude dos seus compoñentes.

Entre todos debemos facer este apartado máis grande e, por tanto máis interesante para que todos o podamos disfrutar. Como xa sabedes quedamos á vosa disposición para recoller e publicar as fotos que consideredes que deben estar neste espazo.

Galego

Festa del Pan: entradas á venda

12.06.2014 .- Xa están dispoñibles nos puntos de venda habituais as entradas para o XantarXantar Organizado. Festa do Pan 2014a Organizado da Festa do Pan. Os fornos adscritos á IXP, o Concello e os locais de hostelería da Vila xa teñen no seu poder as entradas, que como en anos anteriores da acceso ao recinto que a organización dispón no Campo da Saleta para poder disfrutar dun menú basado en productos galegos de calidade.

Queremos aproveitar para agradecer a todos os colaboradores a súas aportacións.

Pulsando na imase da noticia podedes ver ampliada esta información.

Galego

O Albergue do Mosteiro de Oseira

05.06.2014 .- Sabiamos que o actual estado do Albergue do Mosteiro de Oseira era óptiLuc, alberguero de Oseiramo, pero nunha visita ao propio Cenobio Ursariense, un dos monxes alertounos de que nalgúns foros, posiblemente de forma interesada, alguén comentaba a presenza de humidades, de mal estado das instalacións, etc.

Acercámonos ao propio Albergue para comprobalo in situ, e pudemos comprobar, e quen o desexe pode comprobalo nas fotos que subimos á nosa conta de Flickr (pulsa aqui para velas), que non so está en bo estado, en moi bo estado, senón que dispón dun coidado extremo e está dirixido por un atentísimo Luc, alberguero belga que, ademais de ser un gran coñecedor do Camiño, é un perfecto e amabilísimo pousadeiro. Con el entrevistámonos durante uns 15 minutos e pudemos comprobar que coida até o máis mínimo detalle.

Galego

Ruta do Fornos: festa do Pan 2014

04.06.2014 .- Xa podemos adiantar algo da edición deste ano da Festa do Pan. Iniciativa novidosa, A Ruta dos Fornos. De momento pouco máis podemos dicir. Ruta do Fornos. Festa do Pan 2014

Eso si, a xente que esté interesada en colaborar de xeito desinteresado (nunca económicamente, por suposto), coa súa presenza nalgún posto de axuda a realización desta actividade que contacte con nós ou ben co Consello Regulador da IXP Pan de Cea, aos interesados informaráselle de que se trata esta labor de voluntariado e con que serán agasallados.

Xa queda menos.... está cerca a 23ª Edición da Festa de Exaltación do Pan de Cea

Galego

Páxinas

Subscribe to Concello de San Cristovo de Cea: Onde o Pan é Arte RSS

Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares