Taller de iniciación ao Mindfulness
12.05.2025.- As actividades físico - deportivas son básicas para manternos activos e en forma, para mellorar a nosa calidade de vida e para que nos sintamos mellor co noso corpo. Nese sentido Vai enfocado o programa de actividades coma a Ximnasia, o Ioga o Zumba ou o Pilates.
O innovador taller que propoñemos axudaranos a traballar a nosa saúde mental, poder acadar un benestar emocional, que cada día mais, é fundamental para ter unha vida plena e saudable.
Prestar atención plena nas nosas actividades cotiás, reducir o estrés, mellorar o benestar son os piares desta novidosa iniciativa que consideramos como unha gran oportunidade.
Cando será?
Sábado, 24 de maio
Onde?
Edificio Multiusos de Cea
A qué hora?
Ás 11:00 horas
Canto durará?
Entre a 1 hora 30 minutos en horas
Quen o imparte
Eunoia, centro de bienestar emocional
Cal e o prezo?
De balde, para todos os empadronados/as
Que máis precisó saber??
Son prazas limitadas, a inscrición é obrigatoria, e en caso de alta demanda valorase unha segunda quenda.
Este taller é un primeiro paso para comezar a traballar a nosa saúde mental, tan necesaria nos tempos que corren.
Anímate, apúntate que as prazas son limitadas.
Galego
Comparte en